Chámome Martín e crecin en Santiago de Compostela. O meu interese pola fotografía apareceu con 15 anos cando durante unha viaxe a Filipinas dinme conta de que precisaba unha maneira de poder trasmitir todo o que me impactaba o meu aredor. Intentando converterme en fotógrafo pero o mesmo tempo buscando aumentar os meus coñecementos en materias similares estudei Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña onde ademáis da fotografía intereseime por outras ramas como a producción ou o deseño gráfico. Como proxecto de final de grao realizei xunto con outros compañeiros o proxecto Punto e Seguido gañador do premio Paraugas a mellor estratexia de comunicación externa nos premios da comunicación e o marketing galego. Posteriormente trasladeime a Madrid para estudar na escola TAI o Master de Fotografía en Publicidade e Moda onde aprendín e realizei todo tipo de prácticas con profesionais como Fede Baixeras, Nacho Pinedo, Ale Megale ou Albert Corbí. 

Profesionalmente teño experiencia en  diversos campos da fotografía e realizo proxectos de indole máis persoal. Ademáis tamen traballei en labores de iluminación en videoclips e realizei tarefas de produción e grabación de video en diferentes proxectos. Así mesmo conto con coñecementos en retoque díxital (Photoshop, Capture One e Lightroom) montaxe de video (Premiere e After Effects), deseño gráfico (Illustrator) e maquetación de publicacións, tanto impresas como díxitais (indesign). Actualmente ademáis de traballar como autónomo atópome desenrolando proxectos persoais e participo na creación dun Fanzine sobre como se percibe a si mesma a xeración Millenial.
Back to Top